Nós
¿Por que Abril?
"A nosa empresa chámase Abril porque é o mes no que a oliveira comeza a florecer ao espertar da súa parada de inverno, e tamén en homenaxe á Feira de Abril de Sevilla, que tanto lle gustaba ao noso pai Manuel, á que acudía xunto coa nosa nai para reunirse cos empresarios do sector do aceite de oliva. Era o momento para intercambiar información sobre a colleita e apalabrar as compras"
"A nosa empresa chámase Abril porque é o mes no que a oliveira comeza a florecer ao espertar da súa parada de inverno."


"Todo comezou cando o noso avó, José Pérez Delgado, que nos anos cincuenta dedicábase ao sector vitivinícola, enviou ao noso pai, Manuel Pérez, a Mora de Toledo (A Mancha), coa encomenda de mercar unha bodega e un muíño de prensa para a vendima e a produción de viño. O noso pai dirixiuse ata alí para cumprir con esta tarefa, mais os seus plans deron un xiro cando un ano despois púxoselles aos agricultores a condición de mercar, ademais de uvas, as olivas que tanto abundan por esas terras.
Na mesma prensa de uvas, triturábanse máis tarde as olivas. E o que inicialmente era unha adversidade, converteuse nunha oportunidade, polo que o noso pai comezou a comercializar ambos produtos coa construción da planta de embotellamento Aceites Pérez Delgado, no tradicional barrio ourensán da Ponte.

Dende 1962, vivimos o mimo e o coidado que puñan os nosos avós e pais marcando a man as primeiras botellas de 1 litro de aceite de oliva que, posteriormente, vendían naquela pequena tenda da rúa Mercado. Aos poucos, coma terceira xeración, incorporámonos ao proxecto, mantendo o mesmo compromiso que nos inculcaron: levar os mellores aceites á mesa dos nosos consumidores.
Case seis décadas despois, coa mirada posta na próxima xeración, seguimos a manternos fieis a tres piares: máxima calidade, tradición familiar e compromiso social cos que queremos proxectar un Abril comprometido, colaborador, próximo, familiar,"de aquí".
Nada disto tería sido posible sen a confianza que colaboradores, clientes e consumidores depositaron en Abril ao longo de todos estes anos.
A todos eles: GRAZAS, por moitos máis abrís xuntos.
Familia Pérez Canal
