Coupage de aceite de oliva virxe extra premium das variedades arbequina e hojiblanca, un aceite verde esmeralda cunha personalidade única, complexo tanto no nariz como na boca.
En nariz
Aromas a herba acabada de cortar, plátano verde e notas de flores silvestres.
En boca
Fresco e sorprendente, sensación picante agradable de intensidade media-baixa.
Usos
Idóneo para usalo en cru, en ensaladas simples e noutros pratos aos que queiramos enxalzar o seu sabor.
Colleita Propia
Un coupage de oliva de cor dourada e unha personalidade única, con influencia do clima atlántico.
En nariz
Afroitado intenso con aromas a herba acabada de cortar, a fiúncho e a plátano verde con notas de cecimbre e mazá verde.
En boca
Leve sensación picante cun lixeiro amargor que dá paso a un toque doce.
Usos
Idóneo para usalo en cru e en repostería.
A Deusa
Edición exclusiva en lata que rende homenaxe á deusa grega Deméter, a deidade da agricultura protectora dos campos e das colleitas, quen segundo conta a lenda, revelou aos humanos a arte de cultivar.
En nariz
Afroitado verde intenso con aromas a tomateira e a herbáceos.
En boca
Forte personalidade, presenta un carácter picante medio-alto.
Usos
Idóneo para mariñados e cremas frías. Perfecto para ensaladas e torradas.